miércoles, 23 de diciembre de 2009

Bo nadal!

O Clube-Escola de Atletismo Deza deséxavos
Bo Nadal e un Próspero 2010
(fai click)

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Trofeo Deputación de Pontevedra de Atletismo Base


O pasado sábado 12 de decembro, atletas do Clube Escola Atletismo Deza, desplazáronse ata as pistas de Pontevedra para participar no Trofeo Deputación de Pontevedra de Atletismo Base. Valoramos moi positivamente os resultados acadados .




Obtiveron medalla os seguintes alumnos:

-O equipo de cadetes masculino formado por Daniel Iglesias, Carlos Peña, Javier García e Iago Pazos : ouro en relevos de 4 por 60 metros lisos.

-Daniel Iglesias : prata en 60 metros lisos e bronce en salto de lonxitude na categoría de cadete masculino.

-Javier García: bronce en 60 metros lisos na categoría de cadete masculino.

-Alba Viana: prata en 60 metros lisos na categoría de xuvenil feminino.

-Noelia Fontao: ouro en 60 metros lisos e ouro en salto de valas na categoría de xuvenil feminino.

-Silvia Porteiro: prata en lanzamento de peso na categoría alevín feminino.

-David Fernández: bronce en lanzamento de peso na categoría benxamín masculino.

Noraboa a todos os participantes!

miércoles, 5 de agosto de 2009

Xa estamos cos preparativos dunha nova edición da Carreira Popular de Lalín que tódolos anos organizamos coa colaboración do Concello de Lalín. A modo de avance imos dando a coñecer os detalles:

IX Carreira Popular “Virxe das Dores” - Lalín
Memorial Vicente Agulló

Sábado, 26 de setembro de 2009

17:00 Horas de 2 a 15 anos. 18:30 Horas resto de categorías.

 24 Categorías. Dende 2 anos en diante.

 Distancias: 100 metros, 350 m., 700 m., 1.000 m., 2.000 m. e 7.500 metros (carreira absoluta).

 Trofeos: Os tres primeiros de cada categoría. Trofeo o primeiro local de cada categoría. Trofeo o atleta de mais idade tanto masculino como femenino.

 Obsequios: Camisetas para os participantes ata esgotar existencias. Ata 13 anos medallas para todos. Servizo de duchas no Pavillón Municipal o término da carreira.

INSCRICIÓNS:

DATA DE INSCRICIÓN: Dende o 8 o 24 de setembro de 2009 as 20:00 horas. Non se admitirán inscricións o día da proba.

DATOS OBRIGATORIOS PARA A INSCRICIÓN: nif, nome, apelidos, data nacemento, sexo, localidade, móvil, clube (se o ten).

INSCRICION ata 15 anos no Pavillón de Deportes de Lalín ou no teléfono 986.78.34.26.

INSCRICIÓN de ADULTOS: http://championchipnorte.com/ ou no teléfono 986.78.34.26.

PREZO da inscrición:
ESCOLARES: GRATUITA
ADULTOS: Propietarios Chip Amarelo Championchip: GRATUITA.
Corredores sen Chip amarelo Championchip 2,00 € en concepto de aluguer do chip.

REGULAMENTO

1) A tódolos participantes facilitaráselle dorsal correspondente a súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a proba e na chegada a línea de meta.
2) Tamén estarán controlados ao longo de TODO o percorrido a través dun chip que se entregará a cada corredor e que deberá colocar nas súas zapatillas antes da saída. Os corredores que cheguen á líña de meta sen o seu chip non serán clasificados e teñen a OBRIGA de devolve-lo ó finaliza-la proba. TODOS AQUELES CORREDORES QUE NON ENTREGUEN O CHIP NON ENTRARAN NAS CLASIFICACIONS.
3) O dorsal recollerase o día da carreira popular na zona de saída ata 1 hora antes da saída de cada proba.
4) A carreira para as categorías dende 2 a 15 anos comenzará as 17:00 horas. Para as restantes categorías ás 18:30 horas.
5) O longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime oportunos, os cales poderán descalificar os participantes que cometan algunha irregularidade.
6) Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada pola Organización da proba, sendo a decisión inapelable dado o carácter deportivo da proba.
7) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes destas carreiras, antes, durante e despois da proba, se ben en todo momento estará disposto un equipo de Protección Civil.
8) Dado o carácter eminente popular, festivo e deportivo desta proba, a Organización agarda de tódolos participantes o mellor espíritu deportivo.
9) O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.


CATEGORÍAS E DISTANCIAS

CATEGORÍAS -ANO NACEMENTO- DISTANCIA
Pitufos 2006 – 2007 100 m.

Pre-benxamín 2003-2004-2005 350 m.

Benjamín 2000-2001-2002 700 m.

Alevín 1998-1999 1000 m.

Infantil 1996-1997 2000 m.

Cadete 1994-1995 2000 m

Xuvenil 1992-1993 7500 m

Senior A 1980-1991 "

Senior B 1969-1979 "

Veteranos A
Masculino 1959-1968 "

Veteranos B
Masculino 1949-1958 "

Veteranos C
Masculino 1948 e anteriores "

Veteranas
Femenino 1968 e anteriores "

Veterano mais idade

Veterana mais idade

As carreiras do verán - 1ª parte





Estamos en agosto
pero ai quen non está de vacacións, ainos que entrenan igual todo o verán.


En Xinzo correron no pasado mes de xuño Fernando Rodríguez (posto 28), Manuel Cavanillas (posto 80), Alfonso Rubial (88) e Teresa Seoane (116).


En Celanova na tradicional nocturna participaron e entraron por este orden Fernando Rodríguez (posto 7), Manuel Cavanillas (posto 17), Alfonso Rubial (18), David García (19), Luisa Lalín (2), Teresa Seoane (6) e Isolina Bernárdez (7) todos estes postos nas súas respectivas categorías.

Ata Leiro no domingo 5 de xullo desplazáronse Fernando Rodríguez (posto 16), Antonio Costa (22), Antonio Riera (11), Manuel Cavanillas (17), Teresa Seoane (11) nas súas respectivas categorías.


O día 1 de agosto na nocturna de Vilagarcía correron Fernando Rodríguez Vilariño (posto 21) e Teresa Seoane (posto 6) nas súas categorías.

viernes, 5 de junio de 2009

Próxima camiñata

Este domingo, faremos unha camiñata por Goiás para todos os rapaces e acompañantes que queiran acudir. Sairemos ás 9:30 da Estación de autobuses.
Ao remate da andaina, teremos a comida de fin de tempada. E despois, faremos entrega dos trofeos a aqueles rapaces da escola que ao longo do ano destacaron como mellores atletas, mellor comportamento e mellor compañeirismo.
Tamén faremos, de forma simbólica, o cambio de xunta directiva; pois como ben sabedes, a partir do mes de setembro, son outra as persoas que collen a dirección deste clube. Queremos aproveitar para dar as GRAZAS a todos aqueles que ao longo destes anos estivestes ao noso lado para, coa desculpa do atletismo, formar unha GRAN FAMILIA.
Por outra parte, estamos comezando a preparar a Concentración pre-tempada do mes de setembro. Os que esteades interesados podedes comunicalo para ir facendo a reserva. As datas da excursión serán do 4 ao 6 dese mes.
Collede chuvasqueiro e paraugas, por se fixesen falta...

martes, 2 de junio de 2009

Daniel Iglesias gaña o ouro no Tetratlón do Campionato Galego

A Escola de Atletismo Deza competiu no Campionato Galego de atletismo en pista, que se celebrou o pasado domingo, día 31, en Lugo. Acudiron a estas probas os tres atletas da categoría Infantil, que se clasificaran na fase provincial. Tendo en conta a gran participación de atletas de toda Galicia, nas difetrentes categorías, podemos considerar de moi meritorios os resultados acadados polos membros do noso clube:

Destacamos o primeiro posto e medalla de ouro logrados por Daniel Iglesias, na proba de Tetratlón.
En Infantil Feminino, Anabel Viana, acadou o 9º posto en 3 km marcha.

Asimesmo, Javier García, que competiu en distintas probas, tamén acadou moi bos resultados: clasificouse en 5º lugar en 80 m valos e conseguiu o 10º posto en 80 m lisos e en salto de lonxitude.


A todos eles, Noraboa!!!

Irene, a adestradora do noso clube, cos campións: Anabel, Javi e Dani. Xuntos, toman un descansiño despois do gran esforzo realizado na competición, ben o merecen! Os catro amosan alegría e satisfacción.

jueves, 28 de mayo de 2009

Carreira solidaria de Santiago

Mónica Pérez, campiona en Santiago

O pasado domingo día 24, unha representación da Escola Atletismo Deza, desprazouse á localidade de Santiago para participar na III Carreira solidaria que, organizada polo gran corredor galego Pedro Nimo, tiña como obxectivo lograr fondos para unha causa solidaria; neste caso, para a cociña económica de Santiago. Na categoría pre- Infantil, a nova atleta dezá Mónica Pérez, proclamouse campioa. Na categoría Infantil, Noemí Jácome foi clasificada. Tamén meritorio o 4º posto de Peña del Río en Infantil e Pedro Toimil na categoría de pre- Infantil masculino.